RETO 3: 27 DE MARZO DE 2020.
MENTE EN FORMA.
Hola amigos e amigas aquí está o reto de hoxe. Hoxe cunha cara coñecida: Edison, o noso educador de capoeira.
Para o reto de hoxe necesitaredes tres cartas e unha moeda. O reto consiste en ter nun dedo unha carta e xusto enriba desta a moeda. Ca outra man teredes que, cun golpe rápido, quitar a carta e que non se mova a moeda.
Tedes que retar a vosa familia a ver quen consegue facelo máis veces.
#QuedaNaCasa
#RetoFamiliar.
CORPO EN FORMA.
Neste reto o que precisaremos é unha zapatilla. Posición inicial boca arriba, cunha perna levantada e a zapatilla na planta do pé. Obxectivo é dar a volta e rematar boca arriba sen que se caiga a zapatilla.
Animárvos a facer este reto é unha boa forma de pasar un bo rato e á vez facer exercicio e traballar aspectos como a flexibilidade, forza e mobilidade. Temos que estar preparados para cando volvan as clases deportivas.
A ver quen da vosa familia é capaz de facelo!
#QuedaNaCasa
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
No hay comentarios:
Publicar un comentario