27 mar 2020

RETO 3


RETO 3: 27 DE MARZO DE 2020.

MENTE EN FORMA.

Hola amigos e amigas aquí está o reto de hoxe. Hoxe cunha cara coñecida: Edison, o noso educador de capoeira.
Para o reto de hoxe necesitaredes tres cartas e unha moeda. O reto consiste en ter nun dedo unha carta e xusto enriba desta a moeda. Ca outra man teredes que, cun golpe rápido, quitar a carta e que non se mova a moeda. 
Tedes que retar a vosa familia a ver quen consegue facelo máis veces.

#QuedaNaCasa
#RetoFamiliar.



CORPO EN FORMA.

Neste reto o que precisaremos é unha zapatilla. Posición inicial boca arriba, cunha perna levantada e a zapatilla na planta do pé. Obxectivo é dar a volta e rematar boca arriba sen que se caiga a zapatilla.
Animárvos a facer este reto é unha boa forma de pasar un bo rato e á vez facer exercicio e traballar aspectos como a flexibilidade, forza e mobilidade. Temos que estar preparados para cando volvan as clases deportivas.
A ver quen da vosa familia é capaz de facelo!
#QuedaNaCasa


Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

26 mar 2020

MONSTRUO DE CORES


Debuxa o teu monstruo de cores e mándaoo ó noso correo do colexio fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

#QuedaNaCasa
#DebuxaConnosco
#MonstruoDeCores.

25 mar 2020

RETO 2


RETO 2: 25 de Marzo do 2020
MENTE EN FORMA
Todos sodes uns superheroes nestes momentos que estamos a vivir .Por iso propoñémosvos o seguinte reto: Tedes que buscar por casa: roupa, disfraces , complementos etc e crear o voso propio disfrace de superheroe (fomentando así a creatividade e imaxinación). Mándanos unha foto ou un vídeo do resultado final.




ANÍMASTE?

CORPO EN FORMA

“A mover o esqueleto”.

Para manter o corpo en forma, un pouco de baile e ritmo non está nada mal. Propoñémosvos o seguinte reto : Aprende a coreografía desta canción tan motivadora e cunha bonita mensaxe . Mándanos unha foto dalgún paso de baile ou un vídeo. TI PODES!!!!!

Madre Tierra (Oye).

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

23 mar 2020

RETO 1


RETO 1: 23 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso isto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obrigatorio para todos, nestes días e que nos une e fai fortes.

O reto consiste en facer visible o lema #QuedateNaCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra. Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….

PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"

Para manterse en forma hai que exercitarse na casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:

Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".



Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9