24 abr 2020

RETO 15


RETO 15: 24 DE ABRIL DE 2020

MENTE EN FORMA

¡Non perder a pista!


Para que non se nos esqueza onde estabamos imos facer marcapáxinas, técnica libre (collage, acuarelas, ceras…):
Recortade un rectángulo longo de calquera caixa de galletas que haxa pola casa

Podedes darlle forma do que queirades (animais, persoas, plantas etc)

¡Decoradeo e a LER!






CORPO EN FORMA 

Hoxe imos a ser como o Lobo no conto dos tres porquiños e imos a soprar con tanta forza como o lobo.

O reto consiste en 

1° Colle una palliña e  tres trozos de algodón como os tres porquiños.

2º Fai no chan unha línea cerrada como se forma a casa dos porquiños.O reto consiste en meter as tres bolas de algodón dentro da casiña.




Envíanos fotos e videos dos retos o seguinte correo: fapacidadevella@gmail.com


Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

RESPOSTAS


Velaquí temos os avións de papel con nomes de contos populares que envióunos Valeria Poncela. Esos avións teñen pinta de voar moi alto!! Moitas grazas!






23 abr 2020

DÍA DO LIBRO

O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de Abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da Unesco en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. 

No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de Abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano).





22 abr 2020

RETO 14


RETO 14: 22 DE ABRIL DE 2020

MENTE EN FORMA


O Reto  consiste en : Memoriza algún destes trabalinguas ate que o digas sen equivocarte.

                   Cando contes contos
                   Conta cantos contos contas
                   Porque se non contas
                   Nunca sabrás cantos contos sabes contar.

                 Polo Pepe pica pipas
                Polo Paco pica pan
                 Pican pican Paco e Pepe
                 Paco e Pepe pican pan

               Canta o cuco
               Cuquicucó
                Canta o cuco
                Cuquicucá
                Canta o cuco
               Cuquicucó
               Cuquicucá

              Porque sabes que che quero
              Queres que che queira máis
              Quéroche máis que me queres
              Que máis queres ,queres máis?   


CORPO EN FORMA    

“O AVIÓN TITULEIRO”

OBXETIVOS:  Destreza, precisión, puntería,creatividade,animación lectora.
O RETO CONSISTE EN:
COMO ESTE SEMÁN CELÉBRASE O DIA LO LIBRO ,TES QUE:
1º paso: Facer un avión de papel.(podes decóralo ).
2º paso: Pensa un título dun libro que coñezas E ESCRIBEO NO AVIÓN.
3º paso: Faino voar e lanzao a algún menbro da tua familia e ten que dicir o título do libro.
Se fas varios podes xogar coa tua familia a unha carreira de avións.
Anímate!!!!!      


Envíanos fotos e videos dos retos o seguinte correo: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

RESPOSTAS


RESPOSTAS

Aquí temos as ras de Valeria Poncela e explícanos como funcionan. Que ben andan esas ras! Moitas grazas!

20 abr 2020

RETO 13


RETO 13: 20 DE ABRIL DE 2020

MENTE EN FORMA


Escritores!

Hoxe inventaremos o noso propio conto utilizando as seguintes palabras: Carmiña, coello, cidade, laranxa e reloxo. ¡Animádevos seredes os creadores dunha super historia onde todo é posible!

Enviade o texto ¡canto máis longo mellor!




CORPO EN FORMA

Agora co conto que escribiches terás que facer do teu conto unha representación, e decir, un conto motor e terás que ir pola túa casa simulando a historia que escribiches antes. Poderás disfrazarte e utilizar diferentes elementos da túa casa


Envíanos o teu conto e a túa representación del o noso correo: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9






RESPOSTAS


RESPOSTAS RETO 11

Aquí temos as respostas de Lucila e Valeria, como quedáronlle os seus bolos "artesanais" e despois como disfrutan deles. Moitas grazas polas imaxes e polo video.






Mándanos as túas fotos ou os teus vídeos a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9