23 abr 2020

DÍA DO LIBRO

O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de Abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da Unesco en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. 

No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de Abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano).





No hay comentarios:

Publicar un comentario