3 abr 2020

RETO 6


RETO 6: 3 DE ABRIL DE 2020



MENTE EN FORMA


¿Queres ser un Poeta o unha Poetisa e facer este reto?.
O reto consiste en :
Pensa e escribe unha poesía cunha mensaxe de ánimo e esperanza ,canto máis longa mellor.
Un exemplo é:


                             “Hai que poñerse as pilas
                                con algo de poesía
                              e decirlle ó universo
                            que hoxe temos un bo día.
                              Cada mañá un poema
                              como unha vitamina
                              co seu ritmo e a súa rima
                             devólvenche a  alegría.


Pois ahora adestra esa mente e comeza a escribir os versos.
Mándanos unha foto o un video recitandoa ó seguine correo: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

CORPO EN FORMA

“O CHAN É LAVA”

Este é un xogo motor moi apropiado para estos intres en que estamos moito tempo na casa .
XOGADORES :Un ou máis.

¿CÓMO SE XOGA?

Os xogadores imaxinan que o piso está feito por lava e deben evitar tocar o chan(Terra) subíndose a algún moble,sofá etc.
O xogo comeza cando un participante berra “O CHAN É LAVA “.Calquer xogador que quede tocando o chan nos seguintes segundos queda fora do xogo e non pode volver a xogar durante un certo periodo do tempo. Podes poner os coxíns como se foran pedras.  Así que veña, a xogar ca familia e a pasalo ben con este xogo tan divertido.



Mándanos unha foto ou un video de como xogades. A XOGAR¡!!!!!!

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


RESPOSTAS


Aquí temos as fotos e os videos que mandáronnos Dariela, e Lucila e Valeria.

Lucila e Valeria mónstrannos neste vídeo moita forza e ánimo nestes momentos, dándolle un gran toque de ledicia e diversión cos disfraces cos que nos sorprenden.







E velaquí temos os preciosos debuxos de Dariela, recordándonos que dentro de pouco xa estaremos vendo as bolboretas e as abellas polo campo, e volveremos a ver esas fermosas postas de sol.

Seguide participando e os que aínda non o fixeron que se animen e enviádenos as fotos e videos ó seguinte correo fapacidadevella@gmail.com.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

2 abr 2020

LIBROS RECOMENDADOS


Hoxe 2 de Abríl, cúmplensen 215 anos do nacemento do escritor Hans Christian Andersen.
Foi un escritor e poeta Danés, famoso polos seus contos para nenos ademais doutras obras como por  exemplo :”O parrulo feo" “ “A serea" “ A raiña das Neves".
Premios:
-Hans Christian Handersen de la literatura.
-Prometheus.

Seguro que tes na casa algún conto deste escritor tan importante. Mira pola casa.


1 abr 2020

RETO 5


RETO 5: 1 DE ABRIL DE 2020

MENTE EN FORMA

Estes días comunicámonos máis que nunca e por iso imos crear un aparello para que sexa máis doado facelo a distancia, ¡O noso propio teléfono!

Só precisas dous vasos de yogurt e unha corda (de lana ou calquera outro material que teñas pola casa) canto máis longo mellor.

Paso 1- Fai un burato pequeno no medio de cada vaso
Paso 2- Mete o cordón polo burtato e fai un nó
Paso 3- ¡FEITO! Agora colle un dos vasos e vai a unha punta da habitación, coloca a túa parte do teléfono na orella e escoitarás a outra persoa mentres che fala. Faino o revés e serás ti o que fale.


Manda o teu vídeo ou a túa foto ó seguinte correo: fapacidadevella@gmail.com 

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


CORPO EN FORMA

"DADO IOGA"


Material necesario.

-Un dado.
-Un dispositivo onde poder ver as imaxes (ordenador, móbil...)
Desenvolvemento do xogo.

-Poñémonos por grupos, por parellas ou individual segundo a xente que sexamos na casa.
-Comeza o xogo quen saque o número maior.
-O que lanza o dado elixe quen ten que facer a postura que toque.

É así de sinxelo.

Recordade que cada número ten catro posturas de ioga tradicional, debemos escoller a que ten que facer o noso rival.

Ademáis de ver quen ten máis sorte cos dados tamén aprenderemos quen é o que ten mellor flexibilidade e pasaremos un rato estupendo entre risas e a familia.

Moita sorte rapaces e rapazas.



Non vos esquezades de mandar o video ou a foto ó seguinte correo: fapacidadevella@gmail.com.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

RESPOSTAS RETO 4


Aquí temos os xeniales videos que pasáronnos! Primeiro Lucia e Valeria tocando o cumpleanos feliz cos vasos de agua da proba de mente en forma do reto 4. 

E por outro lado temos a Dariela ensinándonos como segue a facer exercicio para non perder a forma.

Seguide así rapazas!








Seguide participando e os que aínda non o fixeron que se animen e enviádenos as fotos e videos ó seguinte correo fapacidadevella@gmail.com.

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

31 mar 2020

SERIE RECOMENDADA


"EL JOVEN SHELDON"

Hoxe recomendamos unha serie de comedia. Sheldon ten nove anos e sáltase a secundaria catro cursos xunto co seu irmán maior. A vida non é doada, xa que os seus compañeiros non o entenden.


30 mar 2020

PELÍCULA RECOMENDADA


"MATILDA"

Hoxe recomendamos o filme "Matilda". Un filme de fantasía e comedia para ver en familia. Unha nena cunha capacidade mental especial.



RETO 4


RETO 4: 30 DE MARZO DE 2020.

MENTE EN FORMA.

¡Hoxe ciencia e música á vez! collede sete vasos de auga e unha culler, ou un lápiz, e ¡imos tocar como no video!




Amósanos como o fixeches mandando un video o correo: fapacidadevella@gmail.com





CORPO EN FORMA.

¡¡Imos xogar ás imitacións!!Esas cousas que facemos moitas veces sen darnos conta ¡hoxe suman puntos!

  1. Escolle unha personaxe de abaixo (se non as coñeces ou sabes de algunha que che guste máis adiante)
  2. Pónlle corpo, pescuda como se move: se é pequeno facémonos pequenos e se é grande facémonos grandes.
  3. Pónlle voz: ¿é aguda ou grave? ¿berra ou non berra?
  4. Enviadenos o voso video e gañade 10 puntos, se non podedes mandádenos una foto coa vosa imitación e gañaredes 1 punto.


Lembrade enviarnos o video ou a foto o correo: fapacidadevella@gmail.com





CLASIFICACIÓN XERAL


Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.


Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".


A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.