RETO 5: 1 DE ABRIL DE 2020
MENTE EN FORMA
Estes días comunicámonos máis que nunca e por iso imos crear un aparello para que sexa máis doado facelo a distancia, ¡O noso propio teléfono!
Só precisas dous vasos de yogurt e unha corda (de lana ou calquera outro material que teñas pola casa) canto máis longo mellor.
Paso 1- Fai un burato pequeno no medio de cada vaso
Paso 2- Mete o cordón polo burtato e fai un nó
Paso 3- ¡FEITO! Agora colle un dos vasos e vai a unha punta da habitación, coloca a túa parte do teléfono na orella e escoitarás a outra persoa mentres che fala. Faino o revés e serás ti o que fale.
Manda o teu vídeo ou a túa foto ó seguinte correo: fapacidadevella@gmail.com
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
CORPO EN FORMA
Material necesario.
-Un dado.
-Un dispositivo onde poder ver as imaxes (ordenador, móbil...)
Desenvolvemento do xogo.
-Poñémonos por grupos, por parellas ou individual segundo a xente que sexamos na casa.
-Comeza o xogo quen saque o número maior.
-O que lanza o dado elixe quen ten que facer a postura que toque.
É así de sinxelo.
Recordade que cada número ten catro posturas de ioga tradicional, debemos escoller a que ten que facer o noso rival.
Ademáis de ver quen ten máis sorte cos dados tamén aprenderemos quen é o que ten mellor flexibilidade e pasaremos un rato estupendo entre risas e a familia.
Moita sorte rapaces e rapazas.
Non vos esquezades de mandar o video ou a foto ó seguinte correo: fapacidadevella@gmail.com.
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
No hay comentarios:
Publicar un comentario