10 abr 2020

RETO 9


RETO 9: 10 DE ABRIL DE 2020


MENTE EN FORMA  

"¿QUERES SER CATIVO –CHEF ESTA SEMÁN?"

O reto consiste en :
Lee esta receta típica destas datas  e mándamos unha foto ou un video de como te desenvolves na cociña!!

TORRADAS     (10 racións de 2 rebandas cada unha)
Ingredientes:
-Pan para torradas (750 gr).
-100 gr de Azucre.
-2 ramiñas de canela.
-Aceite de oliva e ovo batido para freílas ,azucre e canela en polvo para rematalas.

ELABORACIÓN
Coller  unha barra de pan do día anterior. Cortamos o pan en rebandas de máis dun centímetro. Quentanos ó leite e engadimos as ramiñas de canela e o azucre. O mellor é deixalo enfriar antes de empapar as rebandas de pan ,xa que senon se abrandecen moito.
Unha vez remolladas as rebandas de pan, as pasanos polo ovo batido e as fritimos en aceite de oliva ben quente .As escurrimos ben e vas poñemos en papel secante para quitar a sobra do aceite de oliva. As rebozamos de seguido en azucre e canela (unhas duas cucharadas de canela en polvo por cada 100g).E listo!!!!!!  Mmmmm QUE BOA PINTA!
ANIMÁDEVOS!!!!


Mándanos unha foto ou un vídeo de como facedes as torradas e como quedaron ó final a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


CORPO EN FORMA

"CONDICIÓN FÍSICA"

Este  é un XOGO TRADICIONAL  moi apropiado para estos intres en que estamos moito tempo na casa ,pero xógase tamén ó aire libre.
XOGADORES :Dous parellas ,se non é posible facer o exercicio unha só e desarrollar a coordinación.
LUGAR: Un espazo máis ou menos amplo,o pasillo por exemplo,sen ningún material que poida molestar.
¿CÓMO SE XOGA?
Formaranse parellas .Unha persoa camiña cas mans e a outra suxeita polas pernas.A persoa que está levando a outra en ningún intre pode soltar os pes da outra.Terán que chegar á meta(final do pasillo) ou unha meta marcada antes de empezar o xogo e andar en línea recta .Apersoa que está debaixo non poderá baixar os pes ate chegar á meta(ten que levar o corpo ben estirado).Traballamos así a coordinación do corpo e a cooperación co compañeiro. Para non caer, o xogador que está de pe non pode ir rápido para que no se caia o que vai cas mans.

Mándanos unha foto ou un video de como xogades. A XOGAR¡!!!!!!


Mándanos unha foto ou un vídeo de como o facedes a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9



8 abr 2020

RETO 8


RETO 8: 8 DE ABRIL DE 2020

"Os Indios"


MENTE EN FORMA

Esta Semana Santa imos facer como se estivesemos nun campamento, pero non nun campamento normal, nun campamento indio. Para iso, necesitaredes:
1. Construir unha tenda de campaña: No salón ou noutro lado da casa. Por exemplo debaixo dunha mesa, con mantas, sabas, etc e poñer unha alfombra ou manta por debaixo.
2. Decorar a tenda: Facer debuxos para poñer colgando pola tenda, como se foran as estrelas, a lúa, ou árbores.

Mándanos unha foto ou un vídeo de como quedou o teu campamento indio a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

CORPO EN FORMA.

Despois de facer todo isto, só fáltanos unha das cousas máis fundamentais, que será sentirnos coma se fosemos indios. Para iso teremos que:
1. Disfrazarnos coma indios: Teredes que poñervos unha pluma na cabeza, ir descalzos, etc.
2. Gravar unha danza ou baile indio: unha vez teñades todo preparado teredes que facer unha coreografía dun baile indio, ou ben facer un vídeo facendo cosas de indio.

Botádelle imaxinación e a desfrutar coma indios!!!



Mándanos unha foto ou un vídeo de como facedes de indios a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9







RESPOSTAS RETO 7


Hoxe traemos os debuxos/representación que enviáronnos Lucila e Valeria. Un arco no cal explícanos o seu significado, e a nosa fermosa torre de hércules decorada á perfección.
Moitísimas grazas!!






















Se queredes mandarnos ás túas fotos, os teus vídeos, debuxos ou poemas non dubides e envíanolas a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

7 abr 2020

GALICIA LE


GalicaLe é a plataforma de préstamos de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas púlicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamos temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio, etc) e todas as idades o seu lugar

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo en galego" e outro que aloxa o "Catálogo en Castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Non tes carné de biblioteca? Non te preocupes!! Rexístrate e coas claves que recibirás ,accederás igualmente a eBiblioGalicia e ao catálogo Galego.

Preme na imaxe para acceder á páxina.





6 abr 2020

ITINERARIOS VIRTUAIS


ITINERARIOS VIRTUAIS

De seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas pero aínda nos queda un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear....

Alén disto vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos apaixoantes.

Que vos parece?

Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos... pero este ano o imos facer todos os nenos de todos os coles xuntos, porque xuntos o conseguiremos!

Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido e diferente as vosas familias

Vos animades? 

Recordade que nos podedes seguir no noso Facebook https://www.facebook.com/itinerarios.virtuales.39 


Pincha na seguinte imaxe e que comece a viaxe!


RETO 7


RETO 7: 6 DE ABRIL DE 2020


MENTE EN FORMA

Sabemos que a moitos de vos se vos da moi ben debuxar.
O RETO CONSISTE EN:
 Mándanos un debuxo dalgún monumento, edificio paixase ou unha personaxe importante que coñezas da Coruña. Imos fomentar así a creatividade e a expesión artística que tedes.



Mándanos unha foto do teu gran debuxo e, se queres, un  video explicando o teu debuxo: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9



CORPO EN FORMA


Rapaces e rapazas, que tal estades??

Hoxe traemos un novo reto que vaivos gustar moito.

Recordade que podedes utilizar todo o material que teñades disponible: cartón, folios reutilizados...

Moista sorte e ánimo rapaces!










Mándanos unha foto de un video do teu reto e a ver quen o fai mellor: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9












RESPOSTAS


Hoxe trouxemos ó bloque de respostas, unha foto, un poema e un video de Valeria Poncela. O poema refléxanos a situación que estamos a vivir con moi fermosas ilustracións e un toque de retranca. A foto é do reto de "o chan é lava" e realmente parece que o fixeron realidade.  


Moitas grazas por participar! E espero que se anime máis xente para ter moitas máis fotos, videos e textos: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9