10 abr 2020

RETO 9


RETO 9: 10 DE ABRIL DE 2020


MENTE EN FORMA  

"¿QUERES SER CATIVO –CHEF ESTA SEMÁN?"

O reto consiste en :
Lee esta receta típica destas datas  e mándamos unha foto ou un video de como te desenvolves na cociña!!

TORRADAS     (10 racións de 2 rebandas cada unha)
Ingredientes:
-Pan para torradas (750 gr).
-100 gr de Azucre.
-2 ramiñas de canela.
-Aceite de oliva e ovo batido para freílas ,azucre e canela en polvo para rematalas.

ELABORACIÓN
Coller  unha barra de pan do día anterior. Cortamos o pan en rebandas de máis dun centímetro. Quentanos ó leite e engadimos as ramiñas de canela e o azucre. O mellor é deixalo enfriar antes de empapar as rebandas de pan ,xa que senon se abrandecen moito.
Unha vez remolladas as rebandas de pan, as pasanos polo ovo batido e as fritimos en aceite de oliva ben quente .As escurrimos ben e vas poñemos en papel secante para quitar a sobra do aceite de oliva. As rebozamos de seguido en azucre e canela (unhas duas cucharadas de canela en polvo por cada 100g).E listo!!!!!!  Mmmmm QUE BOA PINTA!
ANIMÁDEVOS!!!!


Mándanos unha foto ou un vídeo de como facedes as torradas e como quedaron ó final a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


CORPO EN FORMA

"CONDICIÓN FÍSICA"

Este  é un XOGO TRADICIONAL  moi apropiado para estos intres en que estamos moito tempo na casa ,pero xógase tamén ó aire libre.
XOGADORES :Dous parellas ,se non é posible facer o exercicio unha só e desarrollar a coordinación.
LUGAR: Un espazo máis ou menos amplo,o pasillo por exemplo,sen ningún material que poida molestar.
¿CÓMO SE XOGA?
Formaranse parellas .Unha persoa camiña cas mans e a outra suxeita polas pernas.A persoa que está levando a outra en ningún intre pode soltar os pes da outra.Terán que chegar á meta(final do pasillo) ou unha meta marcada antes de empezar o xogo e andar en línea recta .Apersoa que está debaixo non poderá baixar os pes ate chegar á meta(ten que levar o corpo ben estirado).Traballamos así a coordinación do corpo e a cooperación co compañeiro. Para non caer, o xogador que está de pe non pode ir rápido para que no se caia o que vai cas mans.

Mándanos unha foto ou un video de como xogades. A XOGAR¡!!!!!!


Mándanos unha foto ou un vídeo de como o facedes a este mail: fapacidadevella@gmail.com

Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9



No hay comentarios:

Publicar un comentario