RETO 8: 8 DE ABRIL DE 2020
"Os Indios"
"Os Indios"
MENTE EN FORMA
Esta Semana Santa imos facer como se estivesemos nun campamento, pero non nun campamento normal, nun campamento indio. Para iso, necesitaredes:
1. Construir unha tenda de campaña: No salón ou noutro lado da casa. Por exemplo debaixo dunha mesa, con mantas, sabas, etc e poñer unha alfombra ou manta por debaixo.
2. Decorar a tenda: Facer debuxos para poñer colgando pola tenda, como se foran as estrelas, a lúa, ou árbores.
Mándanos unha foto ou un vídeo de como quedou o teu campamento indio a este mail: fapacidadevella@gmail.com
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
CORPO EN FORMA.
Despois de facer todo isto, só fáltanos unha das cousas máis fundamentais, que será sentirnos coma se fosemos indios. Para iso teremos que:
1. Disfrazarnos coma indios: Teredes que poñervos unha pluma na cabeza, ir descalzos, etc.
2. Gravar unha danza ou baile indio: unha vez teñades todo preparado teredes que facer unha coreografía dun baile indio, ou ben facer un vídeo facendo cosas de indio.
Botádelle imaxinación e a desfrutar coma indios!!!
Mándanos unha foto ou un vídeo de como facedes de indios a este mail: fapacidadevella@gmail.com
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
No hay comentarios:
Publicar un comentario