7 abr 2020

GALICIA LE


GalicaLe é a plataforma de préstamos de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas púlicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamos temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio, etc) e todas as idades o seu lugar

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo en galego" e outro que aloxa o "Catálogo en Castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Non tes carné de biblioteca? Non te preocupes!! Rexístrate e coas claves que recibirás ,accederás igualmente a eBiblioGalicia e ao catálogo Galego.

Preme na imaxe para acceder á páxina.





No hay comentarios:

Publicar un comentario