RETO 10: 13 DE ABRIL DE 2020
MENTE EN FORMA
"TEATRO DE SOMBRAS"
Rapaces e rapazas, esta vez imos a usar a nosa creatividade dunha forma moi sinxela e fácil de conseguir cunha proxección.
Consegue calquer cousa que se poda recortar: revistas, cartulina, caixa dos cereais...
Recorta siluetas de animais, persoas, monumentos... e pégaas a un pao.
Péchate nunha habitación a escuras.
Saca a linterna e... que se faga a maxia!
Deixa voar a túa imaxinación inventando historias e divertete co teu propio teatro.
Mándanos unha foto ou un vídeo a este mail: fapacidadevella@gmail.com
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
"XOGO DAS CADEIRAS"
Para xogar a este xogo necesitaremos: cadeiras resistentes tantas como persoas xoguen menos unha e música para poder parala e iniciala a nosa vontade.
Colócanse tódalas cadeiras en circulo co respaldo hacia dentro.
Os xogadores colócanse diante das sillas, menos o que controla a música. Cando a música empece a soar hai que dar voltas ó circulo ó ritmo da música.
Cando se pare a música tódolos xogadores teñen que intentar sentarse nuna cadeira, o que non o consegue queda eliminado, e retírase unha cadeira para xogar a seguinte ronda.
A última ronda será con dos xogadores e unha cadeira, o que consiga sentarse gaña a partida.
Mándanos unha foto ou un vídeo a este mail: fapacidadevella@gmail.com
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
No hay comentarios:
Publicar un comentario