28 may 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN


Hoxe Xaque ao Virus chega o seu fin, e con isto cerramos unha etapa, pero comezamos outra: OS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020.


A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente con Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación familiar, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estructura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade. Preme nas imaxes para máis información.


Tamén informámosvos que os días 1, 2 e 3 de xuño farase entrega de diplomas e medallas a aqueles nenos e nenas participantes en "Xaque aos Virus" no Forum Metropolitano de 16:00 a 18:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario